Foro de participacion


Con estas fotos de actividades de interculturalidade realizadas por Breogan de Xestion S.L en varios colexios de concellos galegos comezamos unha experiencia coa que se pretende fomentar a interactuacion cos destinatarios das actividades.

Ao longo do ano 2008 este blog constituirase como unha ferramenta mediante a que os participantes nas actividades organizadas por Breogan de Xestion S.L en colaboración coas distintas entidades, dispoñan dun foro de participación onde expresar as súas opinións.

Cremos que esta nova canle de comunicacion axudaranos a mellorar e perfeccionar cada día os nosos servizos, afondando na idea de calidade e satisfaccion dos usuarios e clientes, na que levamos traballando nestes cinco anos de traxectoria empresarial.

0 comentarios: